HomesociedadeTaboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

A xornada, que terá lugar na Casa da Cultura da Taboada, comezará ás 17.30 horas con entrada libre e gratuíta

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da provincia, organizada pola Asociación Galega de Viticultura e a Fruga coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Taboada.

A xornada artellarase a redor dun túnel do viño, no que se amosará a diversidade de viños tintos producidos na provincia da man do sumiller Martiño Santos e do adegueiro Roberto Regal. O túnel contará cun total de 15 viños, na súa maioría, producións ampradas pola DO Ribeira Sacra e pola IXP Terras do Navia.

Trátase da segunda xornada organizada no marco desta iniciativa de divulgación do patrimonio vitivinícola da provincia, tras a organizada o pasado mes de outubro en Barreiros.

ÚLTIMAS

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...