HomesociedadeFeira de Oportunidades do CCU de Monforte, o 17 e o 18...

Feira de Oportunidades do CCU de Monforte, o 17 e o 18 de agosto

A fin de semana do 17 e 18 de agosto terá lugar no espazo dos Mercados da Praza de Abastos de Monforte unha nova edición da Feira de Oportunidades que organiza o CCU.

Publicado o

- Advertisement -

A Feira na que participarán 20 tendas de Monforte que ofrecerán grandes descontos en roupa, calzado, óptica, agasallos, decoración, bebé,… terá horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas, o sábado; e o domingo 18 de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 horas.

As feiras de oportunidades presentan cada ano máis atractivos, e cada vez máis clientes atopan nestes certames interesantes compras. Tratase dunha iniciativa máis do Centro Comercial Urbano (CCU) para impulsar as compras no comercio local e traballar en prol da súa competitividade e calidade.

A ACES de Sarria reparte os seus premios

Este sábado 10 de agosto, de 11.00 a 12.00, a gañadora das compras na Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, Cristina Díaz López, gastou os 1.000 euros que lle tocaron en compras nos comercios da vila, despois de resultar gañadora por unha compra en Electronova.

Gañadora campaña ACES Sarria / ACES Sarria

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante...

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...