HomePolíticaO BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

Os cortes, segundo denuncia o BNG, rexístranse en zonas de varias parroquias e "a falta de luz afecta a outras subministracións como as da auga, ou internet o que dificulta desde as actividades máis básicas de hixiene ata a a propia actividade laboral de que traballa con internet”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e que informe á veciñanza cales son as causas dos cortes de luz que afectan a varias parroquias. Reclama transparencia sobre a situación, e lembra os perxuízos que provoca na veciñanza e no tecido económico.

A portavoz municipal, Rosana Prieto, asegura que na súa casa “esta situación déixanos sen auga, sen luz, con perdas de alimentos e obríganos a desprazar para termos teléfono e internet, xa que todo leva corrente. Tememos que chegue o frío porque ata os pellets van concectados á electricidade”.

Os nacionalistas quéixanse do abandono por parte das distribuidoras, nun concello con encoros, “Veñen, privatizan os ríos, asolagan aldeas e temos o peor e máis perigoso dos subministros”. Pide explicación nos parlamentos galego e español, e solicitan que o concello de Pantón faga de valedor da veciñanza, “esta situación é perigosa, ten custos económicos para a veciñanza e dura demasiado tempo”.

As molestias, apunta o BNG, afectan a fogares e negocios de todo tipo. “A veciñanza debe saber o que está a pasar, para poder previr fontes de enerxía alternativas e organizar a súa vida diaria e a súa actividade económica», conclúe, Rosana Prieto.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...