HomeMedio ambiente e PatrimonioADEGA e SGO contra a liña de alta tensión do parque eólico...

ADEGA e SGO contra a liña de alta tensión do parque eólico Serra de Oribio

A Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) solicitan declarar lesiva a liña de alta tensión do parque eólico Serra de Oribio, ao considerar que as autorizacións de instalación "infrinxen a normativa xurídica" e "danan o ecosistema".

Publicado o

- Advertisement -

ADEGA e SGO aseguran que a área na que está aprobada a instalación eléctrica deste parque eólico inclúese nas Zonas Especiais de Conservación (ZEC) e confórmase como unha “zona de importancia” para aves como o aguilucho cenizo e o aguilucho pálido, así como tamén alberga a especies ameazadas como o oso pardo. Consideran que o impacto destas obras “pode supor un grave disturbio” para algún dos “escasos exemplares” de oso pardo que están recolonizando “naturalmente” as serras orientais de Lugo.

Entre os principais motivos para a declaración de lesividade da LAT vinculada ao Parque Eólico Serra do Oribio e a consecuente suspensión da súa autorización destacan:

  • Vulneración da normativa que prohibe a construción de parques eólicos nos espazos da Rede Natura 2000.
  • Fragmentación inadecuada do proxecto para evitar a súa avaliación en toda a súa extensión e impedindo a avaliación dos efectos acumulativos e sinérxicos.
  • Infracción por inadecuada valoración das afeccións ambientais sobre hábitats e especies de interese comunitario polos que foi declarada e incluída na Rede europea Natura 2000 a Zona de Especial Conservación Ancares-Courel.
  • Omisión do deber de conservación dunha especie declarada en perigo de extinción e considerada de alto valor a nivel internacional e comunitario: o oso pardo.
  • Dano a outras especies obxecto de medidas activas de conservación: Aguia Real (Aquila chrysaetos) e Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes) catalogadas en Galicia “en perigo de extinción”; Morcego Grande de Ferradura (Rhinolophus ferrumequinum) e Morcego Pequeno de Ferradura (Rhinolophus hipposideros), ambos catalogados como “Vulnerables”.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...