HomeMedio ambiente e PatrimonioNace a plataforma Salvemos O Iribio

Nace a plataforma Salvemos O Iribio

A plataforma Salvemos O Iribio nace co fin de evitar a instalación de parques eólicos nesta Serra que discorre entre os concellos de Sarria e Triacastela.

Publicado o

A Plataforma Salvemos O Iribio intégrana asociacións ecoloxistas e culturais, e os partidos políticos BNG, Anova, En Marea e Equo. Desde Adega lembran que a Serra do Iribio forma parte da Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares-Courel, da Rede Natura 2000 e sitúase dentro do BIC Camiño de Santiago Francés, ademais de estar incluída na proposta de declaración de Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras de O Iribio e O Courel.
Lucía Álvarez, representante dos ecoloxias de Adega destaca “O Iribio é o monte que conserva o maior imaxinario máxico do Courel, cun amplo patrimonio inmaterial, polo que ademais discorre o antigo Camiño Real que empregaban os arrieiros para acceder á meseta desde Galicia, ao que acompaña un extenso inventario de bens patrimoniais de carácter arqueolóxico e histórico-cultural que xa foi destruído, en parte, polas obras irregulares do parque eólico.
Desde Salvemos O Iribio aseguran que procurarán por todos os medios posibles a paralización das obras en execución, actuacións que dín vulneran a lexislación vixente e destrúen gran parte dos “valores naturais e ecolóxicos, histórico-patrimoniais da Serra do Iribio”.

- Advertisement -

Culpan á Xunta por non paralizar as obras do parque eólico, coa “complicidade dos concellos de Sarria e Triacastela e non descartan mobilizacións se a Xunta nin decreta a inmediata paralización das obras.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...