Aínda sendo hoxe o “día oficial” de comezo da vendima, algunhas adegas xa remataron e outras levan xa varias xornadas de traballo. Dende o día 28 de agosto recolléronse xa 723.204 quilos de uva, 451.210 quilos da variedade Mencía e 156.086 de Godello. Do resto de variedades lévanse recollido:
Variedades tintas
- Brancellao 6.013 kilos
 - Merenzao 16.005 kilos
 - Caíno 14.420 kilos
 - Grao Negro 1.400 kilos
 - Garnacha 10.068 kilos
 - Mouratón 343 kilos
 - Sousón 5.144 kilos
 - Tempranillo 15.959 kilos
 
Variedades brancas
- Albariño 34.400 kilos
 - Blanco Legítimo 60 kilos
 - Dona Branca 2.292 kilos
 - Loureira 463 kilos
 - Torrontés 1.852 kilos
 - Treixadura 489 kilos
 
Das 98 adegas que está previsto que vendimien ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 33 están a realizar labores de vendima, 19 téñena paralizada e 4 xa remataron. Con estas contas, son 42 adegas as que aínda non iniciaron os traballos de recollida.
As previsións son que, entre hoxe e mañá, comecen cos traballos de vendima un volume importante de adegas. Espérase que despois desta fin de semana se supere o millón de quilos de uva.
As choivas e episodios puntuais de treboadas que tivemos nesta última semana non afectaron ás viñas e continúa a normalidade na Denominación. A uva que está a entrar en adega segue nun estado sanitario óptimo e as condicións meteorolóxicas están a ser moi favorables polo que a previsión segue sendo superar os 7 millóns de quilos de uva nesta campaña.

                                    