Homesociedade1.000 escolares no Camiño de Inverno

1.000 escolares no Camiño de Inverno

O día 2 de outubro celebrarase a IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno

Publicado o

- Advertisement -

Esta IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno terá tres tramos. Un tramo de 9 quilómetros de Cereixa a Monforte, para os alumnos da ESO; un tramo de 5 quilómetros, de Reigada a Monforte para os alumnos de Primaria e un tramo dun quilómetro para os alumnos de Infantil que irá desde o Campo da Virxe en Monforte ata o Parque dos Condes.

A chegada ao Parque dos Condes está prevista ás 13.00, posteriormente os participantes serán entrevistados na radio e haberá duas sesións de títeres coa Compañía Viravolta, ás 13.00 h. e ás 13.30 h.

A cita, que organiza a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra conta co patrocinio do Xacobeo2021 e da Xunta de Galicia, terá lugar o día 2 de outubro e prevese que participen máis dun milleiro de rapaces, número ao que se chegou o pasado ano.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...