HomeDeportesO Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O club monfortino competiu este domingo, xunto con outros catro equipos galegos, nas augas do río Tea, no Concello de Mondariz Balneario. A nivel individual acadou 6 medallas e Xoel Fernández rematou como campión galego en C-1 e K-1.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51 deportistas inscritos de cinco clubs: CDM Piragüismo Dumbría, Club Quixos, Miño-Os Teixugos, Penedo-Teimporta e Tea de Mondariz Balneario. A relación definitiva recollía 74 inscricións entre as modalidades de kayak individual (K1) e canoa individual (C1), ademais de seis abridores.

Esta xornada, que transcorreu cun gran ambiente competitivo, puxo fin á tempada regular do piragüismo de base confirmando aos campións e campioas galegos/as das diferentes categorías.

O Club Quixós desprazouse a Mondariz Balneario con 11 piragüistas e acadou 7 medallas individuais. Por equipos, acadou o segundo posto a moi pouca distancia do club gañador: o CDM Piragüismo Dumbría.

Podio por equipos. Foto: XMF.
MEDALLEIRO

Xoel Fernández Méndez subiu ao máis alto do podio declarándose campión galego en C-1 e K-1 na categoría infantil; en K-1 infantil foi medalla de bronce Lucas Pavón; na categoría de alevín, Manuel Rodríguez e Breixo Fernández foron bronce en K-1 e C-1 respectivamente; e Leo Bello foi ouro en K-1 prebenxamín.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...