HomeCulturaXoves de Biblioteca en Chantada

Xoves de Biblioteca en Chantada

Diferentes actividades de lecer incentivarán o hábito da lectura nos cativos e cativas.

Publicado o

- Advertisement -

A Bilioteca Municipal de Chantada programa interesantes actividades dirixidas a público infantil para os vindeiros xoves 3, 10, 17 e 24 de outubro ás 17:00 h. As mesmas están enmarcadas nos Ciclos Ler Conta Moito e Ler Conta Moito en Igualdade, programas de fomento da lectura financiados pola Xunta e o Concello de Chantada.

O vindeiro xoves 3 de outubro chega o espectáculo divulgativo-musical “Conto para escoitar mentres bailamos un valse”, unha das alternativas narrativas que ten no catálogo “A trastenda dos contos” o contador Caxoto.

De que vai a actividade?

Preséntasenos a un dos grandes directores de orquestra do mundo. Dende o seu habitat natural (o escenario) conta a historia de como unha das integrantes da súa orquestra chegou a interesarse pola música e cal foi o instrumento musical que quería aprender a tocar.

ÚLTIMAS

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...

Varios centos de persoas concentráronse en Monforte este 11N

En Monforte varios centos de persoas acudiron este mércores á convocatoria de mobilización que...

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...