HomeMovementos sociaisAlbores conmemora o 'Día Mundial da Saúde Mental' en Monforte

Albores conmemora o ‘Día Mundial da Saúde Mental’ en Monforte

O acto terá lugar o 10 de outubro ás 17:30 horas no edificio de Afundación, na Rúa Cardenal desta cidade. A presidenta lerá un manifesto sobre o suicidio e convocarase o III Certame Fotoxénica-Mente.

Publicado o

- Advertisement -

Co gallo do Día Mundial da Saúde Mental 2019, a asociación Albores organiza un acto de carácter público para achegarse á sociedade e dar a coñecer o seu importante labor.

Están convidados/as, entre outros/as, os medios de comunicación, os alcaldes da zona, os representantes dos partidos políticos e das asociacións monfortinas e as familias dos usuarios e usuarias.

No transcurso do mesmo, a Presidenta lerá un manifesto que abordará a problemática que supón o suicidio para a sociedade, tema no que se centra a OMS o vindeiro día 10, Día Mundial da Saúde Mental.

Este organismo internacional pon o foco nesta lacra social para a concienciación e sensibilización na prevención do suicidio, un problema de saúde pública que vai en aumento. Cada ano, preto de 800.000 persoas morren por esta causa sen contar as que o intentan. O suicidio non respecta idades e supón xa a segunda causa de morte entre os mozos e mozas entre 15 e 29 anos.

Despois do manifesto e parlamentos dalgunhas autoridades presentes, procederase a convocar o III Certame Fotoxénica-Mente. Ademáis, será a última oportunidade para ver a Exposicion de Fotografía Fotoxénica-Mente II. Pecharase o acto compartindo uns pinchos coas persoas asistentes.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...