HomesociedadePacto de alcaldes polo clima en Sober o 26 de novembro

Pacto de alcaldes polo clima en Sober o 26 de novembro

O 26 de novembro, en horario de 11.00 a 13.00, desenvolverase no concello de Sober unha xornada de presentación do Pacto do alcaldes polo clima, ao que o concello de Sober foi un dos primeiros en incorporarse.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, e en colaboración do Concello de Sober, levará a cabo o evento de presentación e seguimento da Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía que terá lugar o martes 26 de novembro na Casa da Cultura de Sober.

O Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía é unha iniciativa da Comisión Europea que agrupa a miles de autoridades locais e rexionais co compromiso voluntario de aplicar nos seus territorios os obxectivos climáticos e enerxéticos da UE. Sober foi dos primeiros concellos de Galicia en sumarse.

O motivo da celebración do evento é o de proporcionar ao persoal técnico e político dos concellos información de interese sobre que é o Pacto dos Alcaldes, os obxectivos a acadar e os compromisos que asume cada concello coa súa adhesión. Tamén se presentarán os avances da Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento financiado pola Xunta de Galicia e coordinado dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, para asesorar aos Concellos na súa adhesión e na elaboración do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable.

ÚLTIMAS

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará...

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...