HomesociedadeChega o saneamento a Sobredo, en Folgoso do Courel

Chega o saneamento a Sobredo, en Folgoso do Courel

Este núcleo de Folgoso do Courel carecía de calquera sistema de saneamento e depuración a pesar de estar incluído na Rede Natura 2000

Publicado o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, vén de anunciar o próximo comezo das obras que realizará a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, para dotar de saneamento ao núcleo de Sobredo, no concello de Folgoso do Courel. Os traballos foron adxudicados á empresa VIPECA Obras y Servicios nun importe de 89.531 euros.

Así levarase o saneamento a este núcleo de Folgoso do Courel, que carece de calquera sistema de saneamento e depuración a pesar de estar incluído na Rede Natura 2000. O proxecto inclúe a construción dunha rede de saneamento deste núcleo de poboación, por gravidade e cunha lonxitude aproximada de colectores de 500 metros. No extremo da rede de saneamento disporase unha instalación de depuración con capacidade suficiente para tratar os verquidos.

Para desenvolver esta actuación, o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinou un convenio coa alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, no que se estipula que a Confederación financia, executa e entrega as obras de saneamento do núcleo de Sobredo e, unha vez rematadas as obras, o Concello farase cargo da xestión, mantenemento e conservación das obras.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...