HomeCulturaOs Reis devolven a Taboada a súa Banda de Música

Os Reis devolven a Taboada a súa Banda de Música

Publicado o

- Advertisement -

A Banda de Música de Taboada ofreceu no día de Reis un concerto no antigo cuartel da localidade. O repertorio, moi variado, estivo composto por música contemporánea, música de cine e compositores do século XX e XXI sen esquecer as panxoliñas de Nadal.

A Banda de Música de Taboada retoma a súa actividade despois de case tres anos de parón. O seu director, Miguel Franqueiro, agradece a asistencia ao concerto, que foi seguido por numeroso público.

Animou ademais a quen o desexe a sumarse á formación, así como recibir clases na Escola de Música de Taboada, que botou a andar en setembro deste ano.

No concerto, co que colaborou o Concello de Taboada, participaron antigos membros da banda e novas incorporacións que se animaron ao coñecer o proxecto.

Banda de Taboada / Concello de Taboada

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...