HomesociedadeXornada en Chantada sobre aproveitamento do monte comunal

Xornada en Chantada sobre aproveitamento do monte comunal

O Sindicato Labrego Galego (SLG) e Por Chantada - Candidatura de Unidade Popular, organizan o próximo 11 de xaneiro, ás 11 horas no local da AA.VV. de San Cristovo de Mouricios (Chantada), unha xornada de formación e divulgación para proprietarios de montes comunais e para todas aquelas persoas que desexen achegarse.

Publicado o

- Advertisement -
Esta xornada prodúcese na secuencia da Escola de Acción Campesina, na que participa o SLG, e pretende oferecer “alternativas rendíbeis e sustentábeis” de xestión dos montes en man común. O obxectivo é contribuír para a creazón de riqueza e emprego en base ao noso monte.
Modera a xeira Ramón Aguiar Penas, viciño da parroquia de San Cristovo de Mouricios. Os relatores que intervirán na xornada son:
  • Alberto Ledo Moure, axente florestal, que explicará as particularidades legais que atinxen ao monte comunal e os reptos que neste eido confrontan as comunidades onde predomina o abandono.
  • Diego Sánchez Agra, técnico do SLG, que falará da xestión dos montes comunais e das diferentes formas de aproveitamento dos mesmos pondo en valor a potencialidade e a concepción do monte como algo vivo e multifuncional.
  • José Manuel Yglesias e Ángel Buján Zas, propietarios do Monte Veciñal en Man Común do Carballo Vivo en Friol, falarannos da súa experiencia particular e do rendemento do seu monte, canto a actividades como a madeira, resina, apicultura, porco celta… entre outras.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...