HomeCulturaBuscando o espírito da Feira do Viño de Amandi

Buscando o espírito da Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober convoca o seu tradicional concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador da XL Feira do Viño de Amandi, que se celebrará os días 4 e 5 de abril de 2020. O prazo para presentar os orixinais remata o 15 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

Poden participar no concurso todos os interesados, con traballos en formato A3 e técnica libre. Deberán ser presentados en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Só se pode presentar un cartel por autor ou autora. Quedan exentas, tal e como se ten acordado, aquelas persoas que teñan recibido o premio cando menos en dúas ocasións para permitir así o acceso a novos creadores.

Temática

Os deseños deben reflectir o espírito da Feira do Viño de Amandi facendo especial fincapé no sector vitivinícola e no noso patrimonio e cultura.

Os traballos presentados quedarán en poder do Concello de Sober. O deseño gañador será empregado como cartel anunciador da XL Feira do Viño de Amandi, así como nos programas de man. O cartel gañador será propiedade do Concello de Sober, quen poderá cedelo a terceiros. O autor ou autora renuncia a todos os dereitos de explotación, só conservarán os dereitos de autor para incluílo no seu currículo.

Cómo participar

Os traballos deberán ser presentados nun sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre levará escrito o lema e no seu interior deberá conter os datos do autor, tales como o nome, o enderezo e o teléfono de contacto. O cartel terá que levar de xeito obrigatorio os seguintes datos: XL Feira do viño de Amandi. Festa de Interese Turístico. Sober. A páxina web www.concellodesober.com e a data de celebración, 4 e 5 de abril.

A entrega de orixinais farase na Casa do Concello dende o 13 de xaneiro ata o día 15 de febreiro de 2020. O horario de entrega será de 10:00 a 14:00 horas. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Concello de Sober.

O cartel darase a coñecer o 7 de marzo. Establécese un premio ao traballo gañador de 600 euros en metálico.

ÚLTIMAS

Cans do Castro, unha residencia canina e centro de cría no Concello de Pantón

Segredos de Pantón comparte en Xornal de Lemos a súa entrevista a ‘Cans do...

Os Reis Magos chegan en tren a Monforte e desfilan polas rúas de Chantada

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado por diversos membros do Equipo de...

Parabéns para Encarna Lago pola Medalla de Ouro en Belas Artes, destacando as súas aportacións para a inclusión e interculturalidade desde os museos

Nun encontro celebrado no Museo Provincial de Lugo trasladóuselle á xerente da Rede Museística...

Nova xuntanza da Comunidade de Aprendizaxe Montes de Saberes, o 22 de xaneiro no Auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles Galicia desenvolvido por Acción contra a...