HomesociedadeNova directora para o centro agroforestal de Monforte

Nova directora para o centro agroforestal de Monforte

O CECA é o centro de referencia no sur da provincia de Lugo en materia de formación para os profesionais do medio rural e complementariamente pode considerarse un espazo de referencia da Agacal, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, vén de dar a coñecer o nomeamento de María Estrella Rodríguez, como directora do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CECA) de Monforte de Lemos.

A nova responsable do centro é funcionaria da Consellería do Medio Rural, doutora en Ciencias Veterinarias pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomada en Saúde Pública pola Escola Nacional de Sanidade (Instituto de Saúde Carlos III).

No CECA ofrécense cursos de formación presencial moi variados: tanto para os profesionais beneficiarios das axudas da Xunta para plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións, como sobre manexo de produtos fitosanitarios, apicultura, cestería, fruticultura, entre outros, todos eles relacionados con actividades do medio rural.

Estas instalacións son tamén o centro acreditado para as accións de teleformación, e desde Monforte fan seguimento destes cursos e realizan os exames presenciais.

A provincia conta con outros dous centros de similares características como o Pedro Murias de Ribadeo e o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá.

ÚLTIMAS

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...