HomesociedadeNova residencia canina e felina na Pobra do Brollón

Nova residencia canina e felina na Pobra do Brollón

A Xunta de Galicia, a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-O Courel, apoiou cunha achega de 41.300 euros a posta en marcha dunha residencia canina e felina que tamén conta con centro de cría canina no concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a achega autonómica foi do 48,5% do orzamento deste proxecto, que permitiu implantar na Pobra do Brollón un servizo do que carecía a zona. O delegado afirmou que os investimentos produtivos dos GDR “contribúen á diversificación da economía local e á creación emprego”.

A actividade da residencia Kükay permitiu consolidar un emprego -o da promotora- e crear un posto de traballo a media xornada. Nas súas instalacións conta cunha pista Agility, dúas zonas de xogo para os animais e 5.000 metros cadrados de terreo para correr.

O delegado salientou a importancia de que a Administración destine recursos a estimular o emprendemento “para reforzar o tecido económico e empresarial no medio rural” e lembrou que xunto aos proxectos produtivos, os GDR financian tamén outros non produtivos que redundan na mellora dos servizos do medio rural e na calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...