HomesociedadeClaves e desafíos para educar na era dixital

Claves e desafíos para educar na era dixital

A Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA organiza para o venres, 17 de xaneiro, ás 20:00 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte, unha charla aberta aos interesados, sobre o uso responsable da rede e adiccións tecnolóxicas.

Publicado o

- Advertisement -

Asociación cultural, educativa e Social aulABERTA creada por persoas relacionadas co mundo do ensino e con inquedanzas nos ámbitos cultural, educativo e social da comarca de Lemos asegura que “Educar nestes días non é tarefa doada. Nais, pais e educadores/as vivimos nunha sociedade cargada de urxencias e responsabilidades que apenas deixa tempo para pensar. A globalización de Internet e as redes sociais, unido aos tradicionais problemas vinculados ao consumo de alcohol e substancias (nos que os adolescentes se inician cada vez máis cedo), fai que o labor de educar sexa cada vez máis complicado.”

Segundo esta asociación, ao problema do botellón únense agora os problemas derivados do uso dos smartphones, Internet, as redes sociais e as TIC. O risco de adicción á Rede, prácticas como o sexting e a sextorsión, o uso de videoxogos violentos, as apostas en liña, ou o contacto con descoñecidos, xunto ao aumento preocupante do ciberacoso, levan aos expertos a cuestionar se non se estará dando un paso atrás no eido educativo.

A investigación advirte da necesidade de estratexias de intervención de carácter integral. Nese senso, a Prevención e a Educación son dúas das ferramentas máis valiosas para poder dar unha resposta eficaz aos problemas actuais. Neste caso o profesor da USC, Antonio Rial Boubeta, Doutor en Psicoloxía Social, tentará poñer enriba da mesa algúns dos retos educativos  na era dixital e, ao mesmo tempo, algunhas recomendacións para a ser quen de xerar boas solucións, tanto dende as familias como dos propios centros.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...