HomesociedadeMar interior chega a Monforte e Lugo

Mar interior chega a Monforte e Lugo

O proxecto Mar Interior permitirá mostrar o labor de investigación e asesoramento do Centro Oceanográfico de Vigo e incrementar o coñecemento sobre o medio mariño nunha zona habitualmente afastada das actividades de divulgación neste ámbito.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte de Lemos e Lugo contarán con talleres dirixidos tanto a centros educativos como a público xeral, contando coa participación de investigadores e persoal técnico e de administración do Centro Oceanográfico de Vigo.

O obxdectivo é achegar a ciencia, a tecnoloxía e a innovación á comunidade educativa e ao público xeral co obxectivo de espertar a súa curiosidade e o interese científico ante o funcionamento do medio mariño e a súa protección. As charlas pretenden fomentar a igualdade en ciencia e contribuír a corrixir a brecha de xénero en materia de I+D+i, así como promover vocacións científicas entre os mozos.

Esta actividade incluirase na conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro). As actividades iniciaranse cunha primeira edición en Lugo entre os días 18 e 22 de febreiro, con talleres para alumnos de segundo e terceiro ciclo de educación primaria e estudantes de educación secundaria obrigatoria (ESO) e charlas, xa concertadas, para alumnos de BACH e FP. Os talleres están abertos a centros educativos de Lugo cidade e zona norte da provincia e para asistir é necesaria inscrición previa, que se abriu ás 9.00 h da mañá de hoxe; a través do correo ieo.vigo@ieo.es e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Estes talleres, ademais, estarán abertos con acceso libre de martes a venres en horario de tarde (17 a 20 h) e o sábado pola mañá (10 a 14 h) para o público xeral.

Entre o 24 e o 26 de marzo realizarase unha segunda edición dos talleres na Casa da Cultura de Monforte de Lemos. Polas mañás estarán abertos a centros educativos e polas tardes (17 a 20 h) ao público xeral. A inscrición para os centros educativos abrirase o próximo día 02 de marzo ás 9.00 h a través do correo electrónico ieo.vigo@ieo.es. As charlas para alumnos de bacharelato e FP xa están concertadas.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO), é un organismo público de investigación ( OPI), dependente delMinisterio de Ciencia e Innovación, dedicado á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionadocon o coñecemento científico dos océanos, a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e o medio ambientemarino. O IEO representa a España na maioría dos foros científicos e tecnolóxicos internacionalesrelacionados co mar e os seus recursos.

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...