HomesociedadeComo afectará ás cidades galegas o cambio climático?

Como afectará ás cidades galegas o cambio climático?

De 5 a 7 graos máis nas temperaturas máximas a finais do século XXI e duplicaranse os eventos de calor extrema, afectando principalmente á cidade de Ourense. Ese é o prognóstico que se fai para as principais cidades galegas no peor dos escenarios do cambio climático.

Publicado o

- Advertisement -

A evolución interanual e a tendencia no número de eventos extremos futuros mostra que aumentarán os días de calor extrema, con valores que oscilan entre 2,57 máis días/década en Ferrol e 4,14 en Ourense. En Pontevedra serán 3,72, en Vigo 3,58, na Coruña 3,28, en Lugo 2,9 e en Santiago 2,89.

Os datos corresponden a un traballo asinado por investigadores do Laboratorio de Física Ambiental Ephyslab da Universidade de Vigo e do Grupo de Física Non Lineal da Universidade de Santiago de Compostela, tras analizar as variacións futuras na temperatura máxima nas sete principais cidades galegas: Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...