HomesociedadeChantada declara a emerxencia climática

Chantada declara a emerxencia climática

O concello de Chantada aproba por unanimidade a Moción de Por Chantada-CUP para declarar a emerxencia climática no Concello de Chantada e sobre adopción de medidas no eido local para un horizonte sen carbono.

Publicado o

- Advertisement -

A moción aprobouse cunha emenda do grupo socialista, para incluír a eficiencia enerxética nos edificios públicos e de nova construción, e foi apoiada polos 13 concelleiros da Corporación.

Chantada declarou a emerxencia climática e agora tocaría desenvolver un programa de estradas de cobertas vexetais (ECV), para o que cómpre un Protocolo local de fomento e conservación das estradas municipais con coberta vexetal (PEMCOVE).

Ademais, o texto aprobado, exixe que o CO2 secuestrado nunha comarca natural debe enlotarse apenas nesa comarca favorecendo o seu desenvolvemento. Así, é necesario desenvolver no 2020 un censo das toneladas de carbono fixadas no territorio, cando menos aquelas que son públicas ou pertencen a CMVMC, como ponderación para determinar a importancia estratéxica e económica do Concello de Chantada no horizonte da descarbonización e para reforzo do tecido empresarial.

Por Chantada agarda que se sumen á iniciativa, os concellos de Carballedo e Taboada, para avanzar conxuntamente como comarca pioneira na descarbonización e trasladar o acordo a outras institucións para que estuden e impulsen solucións análogas.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...