HomeMedio ambiente e PatrimonioPiden á UNESCO revisar a matanza de raposos na Ribeira Sacra

Piden á UNESCO revisar a matanza de raposos na Ribeira Sacra

A Asociación Animalista Libera trasladará a súa preocupación pola posible celebración dun novo "campionato" de raposos na provincia de Lugo, nos municipios de Portomarín, Paradela, Guntín e Monterroso, parte territorio da Ribeira Sacra; ao Comité Español de UNESCO, xa que este conxunto natural é candidato a "Patrimonio Mundial da Humanidade"

Publicado o

- Advertisement -

No 1996 esta comarca entrou na lista indicativa da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, mentres que no 2018 avanzouse declarando este conxunto como ‘Ben de Interese Cultural‘, figuras que os animalistas ven incompatibles con promover cacerías masivas como as pseudocompeticiones contra raposos, co impacto ambiental que conlevan.

Entre os argumentos que empregará a ONG ante o Comité Español atópase o efecto ecolóxico negativo de verter miles de perdigóns de chumbo nunha área de 40.000 hectáreas, metal que foi sinalado pola Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas e cuxo uso se atopa en serio debate agora na Comisión Europea, xa que é responsable da morte de centos de animais por inxesta accidental.

Os animalistas tamén advirten que o uso sistemático de mandas de cans nestas convocatorias autorizadas pola Xunta xeran un acoso a outros animais salvaxes, co consecuente impacto negativo para as súas poboacións neste espazo que opta a un importante grao de protección internacional, e van máis aló lembrando que existen estudos que vinculan aos cans de caza coa transmisión de enfermidades á fauna silvestre.

LIBERA! asegura que segundo datos da propia Consellería de Medio Ambiente, no 2018 autorizáronse en Galicia 9 “campionatos” para matar raposos mentres que o montante total destes permisos desde 2011 ascende a  85, o que supón decenas de macrobatidas contra un mamífero que desenvolve un papel moi importante nos ecosistemas galegos, desde a difusión de sementes ao control doutros seres vivos.

A declaración da Ribeira Sacra como ‘Patrimonio Mundial’ sería avaliada no 2021 polo comité internacional de UNESCO, unha vez superados outros trámites como o rexistro formal que dacordo ás informacións públicadas no último ano coincidiría neste mesmo mes, xusto cando a Xunta debate se permitir ou non a “xuntanza de raposeiros”, outro nome inventado dos cazadores para xustificar os seus actos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...