HomesociedadeXa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

A Xunta de Galicia vén de informar que se poderá facer accedendo a través da aplicación móbil XuntaEu.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa Xunta” terán ao seu dispor, entre outras utilidades, a ligazón de permisos de queimas (Comunicación de queimas – internet), así como o número de teléfono 085, ao que se debe chamar para alertar dun posible incendio forestal.

Unha vez dentro do devandito portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.

As comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas. Tanto as comunicacións como as autorizacións para efectuar queimas de restos forestais amoreados deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

A APP XuntaEu

Está pensada para axudar aos cidadáns a relacionarse coa administración electrónica da Xunta de Galicia. Permite, entre outros servizos, xestionar o usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovala, modificar o teléfono móbil ou darse de baixa), consultar expedientes e presentacións igual que na sede electrónica, consultar as notificacións electrónicas, outorgar apoderamentos, etc.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...