Homesociedade13 centenarios en Sober

13 centenarios en Sober

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober conta desde esta fin de semana cun novo centenario: Manuel Castroseiros Álvarez, de Ferroños, en San Martiño de Anllo.

O ‘Mañé‘, como é coñecido, está viúvo e vive con súa filla Montse. Ten un neto e un bisneto, co que o vemos na foto. Foi emigrante en Irlanda e rexentou durante preto de 20 anos un bar en Sober.

Para o seu cumpreanos recibiu a visita do alcalde, Luis Fernández Guitián, e da secretaria da Mesa do Parlamento, Raquel Arias. Sober conta agora con 13 centenarios; dez mulleres e tres homes.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...