HomeDeportesMarta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Os dous subiron ao máis alto do podium no Campionato Galego de Marcha Nórdica celebrado o pasado día 3 de outubro en Manzaneda.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica, proba que rematou coa entrega de dous ouros para dous deportistas taboadeses que competían co Club O Cordal de Lugo: Marta Marqués e Alberto Fidalgo.

As probas disputáronse simultanemente nun percorrido de 2.180 metros ao que se lle deron 5 voltas, transcorrendo por terreo mixto con zonas de terra, pedras e herba, e tamén partes de asfalto.

Un novo éxito para Alberto Fidalgo nesta competición autonómica que refrenda o bo momento de éxitos deportivos que está vivindo neste 2026, ano no que vén de acadar unha medalla de bronce no Campionato do Mundo celebrado o pasado mes en Lahti, Finlandia.

A seguinte proba de ambos marchistas será o 25 de outubro en Lorca (Murcia) defendendo nesta ocasión a camisola da Selección Galega de Marcha Nórdica.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...