HomesociedadePróximas citas no Saviñao

Próximas citas no Saviñao

Rosa Cedrón e Emilio Rúa actúan o día 22 no Círculo Saviñao. E o concello do Saviñao organiza para os meses de marzo e abril, un curso de iniciación á lingua de signos.

Publicado o

- Advertisement -

O Círculo Saviñao acolle, este sábado, 22 de febreiro, o espectáculo “Diversións” dos compositores galegos Emilio Rúa e Rosa Cedrón. A cita será ás 23.00 h con entrada gratuita, para gozar con temas propios e versións de temas tradicionais.

Curso Lingua de Signos

A concellería de Cultura do concello do Saviñao organiza un curso de iniciación á lingua de signos, que se celebrará na biblioteca de Escairón todos os martes de marzo e abril. Os interesados poden formalizar a súa inscripción na Casa Consistorial ou chamando ao 982 45 20 61. Sen custe para os asistentes, o curso desenvolverase en horario de tarde, de 20:00 a 21:30 horas.

A edil responsable desta área, Beatriz Rois, agarda que esta iniciativa sexa todo un éxito, como tamén están a ser o curso de cociña ou o de defensa persoal. Precisamente, neste último, e debido á alta demanda e á petición das participantes, a entidade local decidiu ampliar esta formación ata o 21 deste mes.

 

 

ÚLTIMAS

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...