Homesociedade16 proxectos empresariais reciben formación no coworking Ribeira Sacra

16 proxectos empresariais reciben formación no coworking Ribeira Sacra

A quinta edición do espazo coworking da Ribeira Sacra, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), comeza a súa quinta edición, na que os promotores de 16 iniciativas de emprendemento recibirán formación, asesoramento e titoría á medida das súas necesidades, durante os próximos cinco meses, para acelerar a posta en marcha dos seus proxectos empresariais.

Publicado o

- Advertisement -

As actividades dos 17 emprendedores, 10 mulleres e 7 homes, que se acelerarán nesta convocatoria do coworking abranguen sectores produtivos variados como as enerxías renovables, a agroalimentación, o turismo sostible, os servizos de lecer especializados e a revalorización dos recursos do territorio, entre outros.

Así, desenvolveranse iniciativas de enxeñería sustentable, unha empresa agroforestal, unha granxa escola, un centro de lecer para maiores e outro de atención á infancia, fabricación de produtos cosméticos e medicinais, apicultura e diferentes servizos turísticos.

Estes días tamén están a dar comezo as accións de formación e asesoramento no resto de espazos coworking da rede impulsada pola Xunta. A rede de espazos coworking promovida pola Xunta a través do Igape e a EOI forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa a todas as aceleradoras que apoia a Administración autonómica. Dentro desta plataforma de apoio integral desenvólvense as business factories e outras aceleradoras como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future e Connecting For Good Galicia.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...