HomesociedadeAs Forzas de Seguridade reparten máscaras en Monforte e Quiroga

As Forzas de Seguridade reparten máscaras en Monforte e Quiroga

A UME vén de desenvolver labores de desinfección no poboado das Lamas de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Protección Civil reparten máis de 74.000 mascarillas na provincia de Lugo. Ademais de na capital, fíxose reparto nas áreas industriais ou portuarias de Viveiro, Ribadeo, Burela, Sarria, Vilalba, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei ou Palas de Rei e este miércoles continúa o reparto en Monforte e Quiroga, concellos que veñen de celebrar días festivos.

A subdelegada do Goberto Isabel Rodríguez lembra que “aínda que o uso de mascarillas non é obrigado, sí é recomendable para protexerse do COVID-19” e destaca o traballo feito pola Policía Nacional e a Garda Civil, que contaron coa colaboración das Policías locais, de Protección Civil e da Policía Autonómica no dispositivo organizado para a distribución deste material sanitario.

E a Unidade Militar de Emerxencias (UME) vén de desenvolver labores de desinfección en Monforte de Lemos, concretamente no poboado das Lamas, despois de que xa realizaran esas tareas noutras instalacións consideradas sensibles, como as residencias de persoas maiores.

UME As Lamas / Subdelegación do Goberno

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...