HomesociedadeChegan novas mascarillas ao sur da provincia

Chegan novas mascarillas ao sur da provincia

A Subdelegación do Goberno extendeu a toda a provincia a distribución deste material sanitario, a través dun dispositivo que organizou coa participación da Policía Nacional e a Garda Civil, e comezou a distribución de mascarillas en residencias de persoas maiores en concellos como Monforte ou Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

A Subdelegación do Goberno puxo en marcha este xoves, 16 de abril, un importante operativo para a distribución de mascarillas por toda a provincia de Lugo, centrado agora no persoal que forma parte do tecido social e económico da provincia. Así o anunciou a subdelegada, Isabel Rodríguez, que esta mañá supervisou o comezo desta nova campaña dirixida ao ámbito social, que ten como obxectivo prioritario  facilitar elementos de protección as persoas implicadas no apoio aos máis vulnerables ou que traballan en servizos esenciais.

A subdelegada fixo entrega de mascarillas á Cruz Vermella e a Cáritas, para facilitar a protección dos traballadores e voluntarios que colaboran nestas dúas entidades e destacou o importante labor social que desenvolven ambas entidades na provincia. Así, a Cruz Vermella, que conta con 112 traballadores e 500 voluntarios ocúpase de importancias de axuda e acompañamento a persoas maiores, a persoas sen teito, a afectados por dano cerebral e a drogodependentes, entre outros colectivos. Pola súa parte, Cáritas, con 29 traballadores e máis de 500 voluntarios, céntrase especialmente na xestión de comedores sociais e atención a persoas sen recursos.

Rodríguez tamén participou esta mañá na distribución de mascarillas a representantes de colectivos do tecido económico lucense como panadeiros e taxistas, e das máis de 70 asociacións integradas na CEL que representan a totalidade do tecido asociativo empresarial de Lugo.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...