HomesociedadeA “gratificación para o persoal sanitario” un remendo máis, dí Enfermeiras en...

A “gratificación para o persoal sanitario” un remendo máis, dí Enfermeiras en Loita

Enfermeiras en Loita demanda condicións dignas e seguridade no desenvolvemento do seu traballo, con equipos, formación e contratacións estables e colocan en primeira liña canda elas, a todos os profesionais que atenden á cidadanía.

Publicado o

- Advertisement -
A reclamación por parte dalgunhas forzas políticas e sindicatos dunha “paga extra” ou “gratificación para o persoal sanitario” fai que desde Enfermeiras en Loita emitan un comunicado no que aseguran non dubidar da boa intención desta demanda, pero insisten en que iso non é o que lles urxe agora, “Considerámonos persoas comprometidas coa sociedade e entendemos que esa reclamación en porén sería inxusta e máis nun momento coma este no que se aveciña unha nova crise económica,” sinalan.

Lembran que as súas reivindicacións sempre foron condicións dignas e non incrementos salariais nin doutro tipo de retribución, “Se nos remontamos á anterior crise económica: os recortes na sanidade, xunto con outros factores, aumentaron a carga de traballo. Aumentou porque a contratación e os nosos dereitos reducíronse. Sufrímolo nas nosas carnes o persoal permanente, o persoal eventual e sobre todo os pacientes coa caída inaceptable na calidade da nosa atención. A existencia de sobrecarga asistencial non é compatible cunha boa calidade da mesma.

Agora reafírmanse en que seguen solicitando o de sempre, “seguridade no noso traballo, para o que precisamos: equipos, material, formación e contratación estable. Necesidades que continuamos a ter.” Enfermeiras en Loita lémbrase do persoal non sanitario (celadoras, PSXs, TES, etc), tamén imprescindibles nesta primeira liña, “e as que esta medida podería deixar fóra.”

Enfermeiras en Loita remata así o seu comunicado: tamén entendemos que o persoal que coida ás nosas maiores (residencias, axuda a domicilio, etc..) como tamén o persoal que segue traballando para garantir o abastecemento de primeira necesidade (supermercados, transporte, farmacias, etc.) son, canda nós, esa primeira liña, polo que pedimos que as medidas que se soliciten sexan para garantir agora e sempre a seguridade de todas nós e a das nosas familias.

ÚLTIMAS

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...