HomesociedadeGuía de desescalada: que podemos facer a partir do día 4 e...

Guía de desescalada: que podemos facer a partir do día 4 e do día 11

Ás primeiras medidas de alivio -as saídas de nenos primeiro e a práctica deportiva individual, os paseos de adultos e o acceso aos hortos despois– súmanse na fase 0 ou de “preparación da desescalada” outras como son a apertura de barberías e pequenos comercios ou de restaurantes que vendan comida para levar.

Publicado o

España arrinca este luns, 4 de maio, a fase 0 da desescalada, na que se introducirán medidas de relaxación do confinamento, tanto das actividades económicas como persoais, que van dende a apertura de barberías e pequenos comercios ata os adestramentos de deportistas profesionais. Todo o Estado empeza o camiño do desconfinamiento na fase 0 salvo as illas da Gomera, Hierro, La Graciosa e Formentera, onde o estado da pandemia permitiu que sexan a avanzada da fase 1. Fase que comezaría o día 11 permitindo
Reunións de ata 10 persoas dentro e fóra de casa, mantendo a distancia de seguridade de dous metros e respectando as normas de hixiene relativa a lavado de mans e “etiqueta respiratoria”.
Uso de coche de ata 9 prazas por parte dos habitantes dun mesmo domicilio.
Apertura de terrazas ao 50 % da súa capacidade. Terá que haber unha distancia mínima de dous metros entre as mesas e os grupos de clientes terán un máximo de dez persoas. Ademais, haberá que desinfectar as mesas entre un cliente e outro e non se poderán utilizar cartas de uso común nin servilleteros.
-Apertura de tendas de menos de 400 metros cadrados sen cita previa. Toda a información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...