HomesociedadeVivir e escolarizar fillos no Incio, por que non?

Vivir e escolarizar fillos no Incio, por que non?

Dende o Concello do Incio e a ANPA defenden as vantaxes dunha crianza no rural e animan a outras familias a formar parte da comunidade educativa do C.E.I.P Ricardo Gasset.

Publicado o

- Advertisement -

No CEIP Ricardo Gasset do Incio, centro de ensino de educación infantil e primaria, manteñen o período de admisión para o vindeiro curso aberto ata o vindeiro 18 de maio e animan á veciñanza e familias da contorna a matricularse neste centro de ensino.

Na ANPA do Incio cren nun rural vivo convencidos/as de que a crianza aquí ten moitas vantaxes. Afirman que o contacto continuo coa natureza, a aprendizaxe dos costumes e tradicións nas parroquias e as relacións interxeracionais fan posible que os cativos e cativas conformen a súa propia identidade e se sintan parte activa na transmisión cultural do noso país.

A escolarización en aulas non masificadas, cunha atención educativa individualizada e amplos espazos interiores e exteriores para xogar, para cultivar e incluso facer mel, convértese en todo un privilexio para moita xente que vive en cidades ateigadas de xente. E despois desta pandemia, con máis razón que nunca, o rural terá moito que dicir.

Nesta reivindicación do rural, a asociación convida ás familias a apostar por unha vida e crianza no Incio lembrando que “as boas comunicacións, tanto as viarias, como as tecnolóxicas, fan que traballar en Monforte ou Sarria e vivir no Concello do Incio sexa unha realidade”.

ANPA do Incio

Ademais de organizar actividades extraescolares e excursións a ANPA do Incio forma parte da “Plataforma pola defensa da montaña e do rural” cuxo obxectivo principal é o compromiso das distintas administracións para manter os servizos mínimos indispensables para unha vida de calidade e de igualdade de oportunidades no rural.

ÚLTIMAS

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...