Homesociedade60 casos activos na provincia, 610 falecidos en Galicia por coronavirus

60 casos activos na provincia, 610 falecidos en Galicia por coronavirus

As residencias de maiores contan na Ribeira Sacra cunha nova curación na residencia de Castro Caldeas, a dun traballador. Neste centro queda un traballador infectado e nos centros de atención a persoas con discapacidade seguen como casos activos 10 usuarios e 3 traballadores da DomusVi de Bóveda.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres, 22 de maio, a provincia de Lugo conta con 60 casos activos de coronavirus, 3 menos ca onte, dos que 2 están na UCI, 1 menos ca onte; todos eles no HULA. 1 persoa segue en hospitalización no HULA, igual ca onte. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19. 

57 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 2 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 852 altas e mantéñense os falecementos en 27.

As residencias de maiores contan na Ribeira Sacra cunha nova curación na residencia de Castro Caldeas, a dun traballador. Neste centro queda un traballador infectado e nos centros de atención a persoas con discapacidade seguen como casos activos 10 usuarios e 3 traballadores da DomusVi de Bóveda.

As residencias galegas levan dúas semanas sen notificar falecementos por coronavirus. Pero o número de vítimas mortais en Galicia elevouse a 610 tras o falecemento dunha muller de 65 anos con patoloxías previas que estaba hospitalizada na área sanitaria de Santiago, segundo informou este venres a Consellería de Sanidade.

Con esta morte elévase a 478 o número de falecementos rexistrados en atención hospitalaria en Galicia. Por áreas sanitarias, notificáronse 127 decesos na área da Coruña, 101 na de Ourense, 92 na área sanitaria de Vigo, outras 86 na área sanitaria de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas delas en atención domiciliaria) e 16 na área sanitaria de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...