HomesociedadeRibas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

Ribas de Sil contará con servizo de ludoteca en novembro

O servizo será gratuíto e ten como obxectivo favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias do alumnado do CEIP de San Clodio. Funcionará de luns a venres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Área de Igualdade do Concello de Ribas de Sil informa da posta en marcha da ‘Ludoteca Corresponsable’, un servizo destinado a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. Desenvolverase durante o mes de novembro, de luns a venres, e será de balde para o alumnado do CEIP de San Clodio.

Para informarse, aconsellan contactar cos Servizos Sociais do Concello de Ribas de Sil, ben presencialmente ou a través do teléfono 982 428 237.

Esta iniciativa forma parte do Plan Corresponsables 2026, para o que o Concello recibiu unha subvención de 17.660,50 € destinada a financiar servizos de conciliación familiar e actividades de formación e sensibilización. O programa conta con financiamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, e do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

ÚLTIMAS

Ximena Prats e Noa Díaz reciben as medallas do COE ao mérito deportivo

As piragüistas do Club Quixós, Noa Díaz e Ximena Prats, xa teñen nas súas...

Vendaval do 19 ao 22 de novembro en Monforte, A Pobra do Brollón e Ferreira de Pantón

O calendario ábrese cunha proposta especial que vincula a creación audiovisual coa gastronomía, seguida...

Éxito total do ‘Saborea e canta o outono’ cunhas 250 persoas participantes

O evento dinamizador da hostalería do sur de Lugo "Saborea e Canta o Outono"...

Máis de 70 deportistas participaron no Cross Escolar do Circuíto das Lamas en Monforte

Na competición participaron nenos e nenas procedentes dos concellos de Monforte de Lemos, Quiroga,...