HomePolíticaMedidas de Agroma Sober para paliar a crise do coronavirus

Medidas de Agroma Sober para paliar a crise do coronavirus

Para atender a crise social, segundo Agroma Sober, vai ser preciso ampliar as partidas orzamentarias correspondentes. Para tratar de mellorar a situación económica e impulsar a economía local, aproveitando para fuxir de modelos esgotados e afondando na necesaria aposta polo comercio local, propoñen que dende o Concello se contribúa de xeito dinámico ao impulso do comercio local.

Publicado o

- Advertisement -

Unha medida que dinamiza o comercio local e axuda ás familias en situación de dificultades económicas é dotalas de tarxetas para facer gasto nos negocios locais. “Trataríase de estudar as vías para facerse con tarxetas electrónicas, ou ben cupóns, que o Concello adquirise para dar á xente con dificultades económicas e que estas persoas os poidesen usar no que precisaran. Esta medida podería impulsarse dende a Deputación provincial.” sinalan desde Agroma Sober.

Tamén propoñen dar impulso aos negocios locais visibilizándoos na internet, mediante unha web ou pestana específica, así como dispor de información sobre os mesmos nos lugares de información turística, “para que as persoas visitantes ou turistas que se acheguen a Sober poidan planificar a súa xornada no propio Concello e mesmo adquirir os produtos que precisen.”

Agroma Sober quere potenciar o teletraballo habilitando un espazo co-working, con conexión á Rede para que a cidadanía de Sober poida usar cun prezo asequible por hora. A este respecto o concello anuncia que en xuño habilitará ese espazo.

Nunha moción presentada no concello, Agroma Sober pide:

  • Estudar a vía para dispor de tarxetas e/ou cupóns prepagados de uso no comercio local para aquelas persoas con dificultades económicas, trasladando esta idea á Deputación Provincial de Lugo para facelo tamén a nivel provincial.
  • Facer un listado cos negocios que hai no Concello para darlle visibilidade nunha web (ou ben nun apartado da web do concello) e imprimir panfletos para distribuír na Oficina de Turismo e nos aloxamentos turísticos.
  • Poñer a disposición da cidadanía un espazo para co-working municipal onde se poidan desenvolver actividades (como reunións de traballo) e mesmo o teletraballo, con rede de wifi e con un pago simbólico para facilitar o uso do mesmo.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...