HomesociedadeLimpeza da lagoa do Parque dos Condes en Monforte

Limpeza da lagoa do Parque dos Condes en Monforte

As brigadas municipais do Concello de Monforte iniciarán este luns, 1 de xuño, os traballos de limpeza e acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes. Nesta labor de limpeza contarán co apoio da empresa Excavaciones y Transportes Ayán S.L.

Publicado o

- Advertisement -

A limpeza da lagoa do Parque dos Condes lévase a cabo cada ano, dende que José Tomé Roca chegou á Alcaldía de Monforte. “A chegada de visitantes, co inicio dos meses de verán e a ubicación privilexiada da Lagoa, no centro da cidade e integrada nun dos parques máis utilizados polos monfortinos e monfortinas, fai máis que necesaria a súa limpeza, que dende o Concello levamos a cabo habitualmente por estas datas”, indica o rexedor municipal.

O vindeiro luns, día 1 de xuño, dende o Concello procederase á sexta limpeza que se desenvolve na Lagoa dos Condes, dende a chegada ó goberno do equipo encabezado por Tomé Roca.

O primeiro dos pasos para a limpeza da Lagoa do Parque dos Condes, consistirá no baleirado da auga, baleirado que se levará a cabo utilizando unha máquina motobomba para extracción de líquidos. Posteriormente, procederase a extraer cunha máquina paleadora todo o lodo que se foi depositando no fondo da lagoa durante este inverno. O investimento total destinado ó acondicionamento deste espazo da cidade ascende a 5.000 euros.

Complementando os traballos de limpeza da lagoa, operarios municipais procederán tamén a  desbrozar o entorno da mesma, “todo isto para que conseguir que esta zona da cidade presente unha imaxe o máis apropiada posible”, indica o mandatario local.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...