HomesociedadeAxudas europeas para wifi nas zonas turísticas de Sober

Axudas europeas para wifi nas zonas turísticas de Sober

O Concello de Sober vén de solicitar o programa europeo WIFI4EU destinados aos municipios pequenos para dotar de WIFI gratuíta diferentes zonas de afluencia turística.

Publicado o

- Advertisement -

A axuda, que pode chegar aos 15.000 euros, empregarase no concello de Sober para dotar de conexión aqueles lugares nos que hai máis afluencia de visitantes, como pode ser Doade. A concesión deste proxecto permitiría crear unha rede de puntos de acceso gratuítos e de alta velocidade a Internet en diferentes lugares públicos de Sober.

A maiores, o Concello ten previsto ampliar a mesma rede con fondos propios municipais para poder estendela a outras zonas, como Os Chancís, os miradoiros, as proximidades das casas de turismo rural ou a propia capitalidade.                      

O obxectivo da iniciativa Wifi4 EU é proporcionar en toda a UE a residentes e visitantes acceso a internet de alta calidade a través de puntos de acceso Wi-fi gratuítos situados en espazos públicos como parques, prazas, edificios administrativos, bibliotecas ou centros de saúde.

Os bonos financiados pola Comisión Europea a través desta iniciativa concederanse para axudar aos municipios para instalar os puntos de acceso Wi-fi nestes centros da vida pública, utilizando os servizos de empresas de instalación de Wi-fi.

Cada municipio poderá contratar á empresa de instalación de Wi-Fi da súa elección para instalar os equipos inalámbricos. O bono WiFi4EU é unha subvención en forma de achega que se destina a cubrir soamente os custos de equipamento e instalación de puntos de acceso Wi-Fi. Corresponderá aos municipios correr cos gastos de conectividade (abono a internet), mantemento e funcionamento do equipo durante polo menos tres anos.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...