HomeEconomíaAta o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

As axudas, ás que se destina unha partida global de 30.000 euros, están dirixidas a empresarios individuais e pequenas e medianas empresas que iniciaran a súa actividade entre o 1 de novembro de 2025 e o 30 de setembro de 2026

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas da nova convocatoria de subvencións dirixidas á creación de empresas dentro do programa de Promoción do Emprego 2026 no Concello de Monforte de Lemos. A finalidade desta iniciativa, á que se destina unha partida total de 30.000€, “é colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio, apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais por cidadáns empadroados no municipio”, explica o rexedor, José Tomé. O prazo permanecerá aberto ata o 30 de outubro de 2026.

As solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos na Lei de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Toda a documentación relativa a esta convocatoria e o acceso á instancia atópanse na Sede Electrónica do Concello de Monforte e na páxina web municipal na sección de Subvencións.

Esta convocatoria forma parte das políticas de promoción do emprego impulsadas polo Equipo de Goberno “O noso obxectivo é apoiar a aquelas persoas que deciden emprender e poñer en marcha un negocio en Monforte. Facilitamos os primeiros pasos dunha nova actividade, favorecemos a creación de emprego e o emprendemento, fixar poboación e contribuír ao crecemento económico do noso concello”, sinala o rexedor.

A estas axudas poden acollerse os empresarios e empresarias individuais e medianas empresas (PEME) que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, entendendo como inicio de actividade a alta no IAE. Para o carácter de PEME terase en conta o establecido no Anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión Europea.

O importe máximo de cada axuda será de 1.500 euros por beneficiario, non podendo superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado. Cómpre destacar que esta cantidade poderá incrementarse nun 25% no caso de que a persoa beneficiaria sexa muller ou unha persoa con discapacidade.

Entre os requisitos establecidos nas bases figura que os beneficiarios teñan o seu enderezo fiscal e social en Monforte de Lemos e que os promotores estean empadroados no municipio na data da solicitude. Ademais, deberán tratarse de empresas de nova creación, as persoas promotoras deberán atoparse en situación de desemprego no momento do inicio da actividade e crear, polo menos, o seu propio posto de traballo.

Gastos subvencionables

– Gastos de constitución: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos xerados no proceso de apertura e constitución da empresa: Visado, honorarios e gastos de proxectos técnicos, e alta no Rexistro Mercantil.

– Existencias iniciais de mercadorías: serán subvencionables o 50% da adquisición de primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción.

– Gastos de aluguer de local, do vehículo industrial, de aplicacións informáticas e de equipos informáticos: serán subvencionables o 50% dos  gastos de aluguer sempre que o elemento alugado sexa imprescindible para a realización da actividade da empresa.

– Primas de seguros: serán subvencionables o 50% dos gastos da contratación de seguros directamente relacionados coa actividade da sociedade (seguro do local, de responsabilidade civil e, como máximo, dun vehículo, só no caso de que sexa imprescindible para o desenvolvemento da súa actividade).

– Subministracións e gastos correntes: serán subvencionables o 50% dos seguintes gastos correntes derivados directamente da realización da actividade empresarial: Auga, teléfono, electricidade, gasóleo/gasolina, material de oficina, asesoría (só cotas mensuais), gas, equipos de seguridade nas súas instalacións (só cotas mensuais).

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...