HomesociedadeA Torre da Homenaxe en verde no Día Mundial da ELA

A Torre da Homenaxe en verde no Día Mundial da ELA

A Torre da Homenaxe de Monforte iluminada este domingo, día 21 de xuño, en cor verde en sinal de apoio ás persoas con ELA (Esclerosis Lateral Amiotrófica).

Publicado o

- Advertisement -

Con motivo de este día, a Asociación Galega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica (AGAELA) xunto á Fundación Luzón e ó resto de asociacións pertencentes á Comunidade da ELA, lanzaron a Campaña #LuzporlaELA, na que edificios e monumentos de toda España se iluminarán de cor verde co obxetivo de visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas enfermas para concienciar á sociedade sobre as dificultades que conlevan no día a día.

“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois é unha enfermidade que necesita ser coñecida dada a súa alta mortalidade: cada día en España falecen 3 persoas a causa da ELA, e cada día se diagnostican 3 novos casos”, destaca o Alcalde.

Segundo informa AGAELA, a ELA é unha enfermidade neurodexenerativa incurable, progresivamente incapacitante e mortal nun prazo de 2 a 5 anos dende o seu diagnóstico. A ELA é unha patoloxía dexenerativa que acaba paralizando por completo os músculos do corpo.

A dificultade de detectar os síntomas iniciais a nivel de atención primaria e a complexidade do diagnóstico diferencial demoran o diagnóstico da ELA. En España, o tempo medio desde o primeiro síntoma definitivo ata o diagnóstico supera o ano.

En España diagnostícanse 3 casos novos de ELA ó día, e calcúlase que un de cada catro españoles desenvolverá a enfermidade, se vive o suficiente. Segundo as estimacións, ata o ano 2040, prevese un aumento significativo do número de casos de ELA na poboación mundial, debido fundamentalmente ó aumento da esperanza de vida e ó envellecemento da poboación (a idade media de inicio da ELA atópase entre os 60-69 anos, aínda que en España aparece fundamentalmente entre os 40 e 70 anos).

A pesar de elo, a ELA segue sendo unha enfermidade invisible e esquecida debido á súa baixa prevalencia, provocada en gran medida pola alta mortalidade (o número de defuncións anuais en España é similar ó de novos casos diagnosticados), e non conta co apoio suficiente para combatela. A falta de inversión para a súa investigación fai que en máis de 20 anos no avanzara no seu tratamento, contención e cura. Hoxe en España hai 4.000 persoas diagnosticadas con ELA.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...