HomesociedadeEnonatur e unha iniciativa inclusiva do Club Fluvial de Monforte, premios AGADER...

Enonatur e unha iniciativa inclusiva do Club Fluvial de Monforte, premios AGADER 2025

Este venres entregáronse os premios AGADER deste 2025 que recoñecen 12 iniciativas en Galicia que destacan polo seu traballo a prol do rural galego. Nesta 16 edición dous dos premios recaeron na Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira de Medio Rural, María José Gómez, definiu estes galardóns -aos que este ano concorreron máis de 40 proxectos- como “unha mostra viva de que aquí hai xente capaz de transformar o presente e de deseñar o futuro con forza e con visión”. Asemade, indicou que ao longo dos anos os premios convertéronse nun símbolo de compromiso e nun recordatorio de que o desenvolvemento sostible é posible cando administracións, profesionais e sociedade civil “camiñamos da man”.

Sobre as diferentes categorías destes recoñecementos, a conselleira subliñou que as iniciativas de mocidade amosan unha xeración nova que aposta polo futuro; as propostas de interese social “lembran que a solidariedade e o benestar comunitario poden construírse desde aquí, con modelos de economía social e servizos de proximidade” e no sector agroalimentario, salientou que se premian modelos circulares, ecolóxicos e integrados, que producen con calidade. Na categoría de mulleres, lembrou que se poñen en valor as que lideran transformacións profundas; no eido da innovación tecnolóxica, destácase o seu potencial para mellorar procesos e reducir custos; e no ámbito da recuperación de terras, son iniciativas que -remarcou a conselleira- evitan o abandono e que falan dun rural “vivo e cheo de oportunidades”.

Dentro da categoría de proxectos de interese social, premiouse co segundo posto ao Club Fluvial de Monforte: deporte, inclusión e cohesión social para dinamizar o medio rural. O Club Fluvial de Monforte é o único complexo acuático e deportivo de referencia na comarca da Ribeira Sacra e en todo o sur de Lugo, con máis de 40.000 m² xunto ao río Cabe.

Na categoría de recuperación e posta en valor da terra agraria recibu o primeiro premio, Enonatur, de Chantada. A iniciativa, presentada polo enólogo, Roberto Regal, céntrase na recuperación de viñedos en risco de desaparición e na posta en valor da viticultura heroica na Ribeira Sacra, apostando pola produción de alimentos de alta calidade e identidade, recoñecidos como artesanía alimentaria.

Enonatur Premios AGADER 2025 / Consellería Medio Rural

Enonatur, propón o apadriñamento de viñedos en risco de abandono, contribuíndo a preservar o territorio. Vinifica de forma independente na adega a colleita de cada unha desas parcelas e finalmente entrega cada viño coa súa propia identidade. Unha experiencia vitivinícola na que o cliente pode ser partícipe na medida en que queira, incluso realizando traballos en viña, creando así un vínculo coa terra.

Regal, agradece este recoñecemento “logo de 25 anos traballando a prol do territorio” e destaca o“potencial do medio rural galego, “pode transformar en proxecto de vida iniciativas comprometidas co seu desenvolvemento e que preserven a súa identidade”.

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...