HomeComarca de SarriaSarriaSarria presenta un ‘San Xoán alternativo’

Sarria presenta un ‘San Xoán alternativo’

Suspendidas as tradicionais Festas de San Xoán, o concello deseñou unha completa programación de lecer con moita música, maxia e a proxección da película "María Solinha" de Ignacio Vilar.

Publicado o

- Advertisement -

Este ano, e por mor da pandemia, o Concello de Sarria viuse na obriga de suspender as sempre esperadas Festas de San Xoán, un acontecemento en maiúsculas para esta vila. Agora ben, a corporación local deixa claro que “aínda que a nova normalidade non nos permite a celebración das patronais ás que estabamos afeitos, a música e a alegría si o están”.

Superada a resignación inicial, tiraron para adiante e deseñaron un programa de actividades que axudara á reconstrución económica, social e cultural apostando principalmente por grupos, intérpretes e artistas sarriaos. A programación presentada finalmente destaca pola música na rúa, o cinema ao aire libre e a maxia para os máis pequenos/as.

Do 24 ao 28 de xuño haberá música polas rúas e barrios de Sarria, xa sexa con pasarrúas de grupos tradicionais e charangas, xa sexa en forma de sesións vermú e concertos nocturnos en diferentes localizacións de Sarria. E non queda aí a cousa, tamén se proxectará a película de Ignacio Vilar, “María Solinha” o xoves 25 ás 21:30 h. na Praza da Vila, emprazamento que acollerá tamén espectáculos de maxia os días 27 e 28 entre as 12:00 e as 13:00 h.

Programa de actividades San Xoán 2020

Mércores 24 de xuño

12:30 Pasarrúas a cargo de “Peleriños” e “Charanga Polillas” polos barrios da vila.

19:30 Sesión de tarde con “Skintights” na Praza de Sta. Mariña.

20:30 Sesión de tarde con “Influenza” na Praza de Galicia.

23:30 Sesión nocturna con “Skintights” na Praza de Sta. Mariña.

00:30 Sesión nocturna con “Influenza” na Praza da Vila.

Xoves 25 de xuño

12:45 Sesión vermú a cargo de “Borja & Nerea” no Barrio da estación.

14:00 Sesión vermú a cargo de “The Dixie Blinders” no Malecón.

22:00 Sesión de tarde con “Los Badulakes” na Praza da Vila.

Venres 26 de xuño

19:30 Sesión de tarde con “Proyecto Valley” na zona da Pontevella.

20:30 Sesión de tarde con  “Flying Boogaloos” no Malecón.

23:30 Sesión nocturna con “Proyecto Valley” na rúa Diego Pazos.

00:30 Sesión nocturna con “Flying Boogaloos” no Malecón.

Sábado 27 de xuño

12:00 Maxia na Praza da Vila con Samuel Moreno e Roberto Lolo.

12:45 Sesión vermú con “Milton’s Jazz” no parque do Chanto.

14:00 Sesión vermú con “Malditos Roedores” na Praza da Constitución.

18:00 Pasarrúas a cargo de “Louband“.

21:00 Sesión de tarde con “Doc Magoos” na rúa Calvo Sotelo.

00:00 Sesión nocturna con “Doc Magoos” na rúa Calvo Sotelo.

Concerto dos Doc Magoo’s / Foto Xabier

Domingo 28 de xuño

12:00 Maxia na Praza da Vila con Roberto Lolo e Mago Rafa.

Roberto Lolo, mago sarrián. Foto: R.L.

ÚLTIMAS

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...

Detidos dous veciños de Sober por roubar un martelo hidráulico das obras da A-6

A Garda Civil detivo a dous veciños de Sober de 32 e 40 anos de idade...

O concello do Incio contará cunha nova área recreativa en Trascastro

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a...

O BNG de Taboada demanda actuacións urxentes na N-540 e chama a unha manifestación o 3 de maio

O grupo municipal do BNG de Taboada vén de presentar unha moción que será...