HomeCulturaSarria aposta polo humor para este verán

Sarria aposta polo humor para este verán

O espazo O’ Meigallo programa estes meses varios espectáculos de humor de grandes monologuistas do panorama galego e nacional. Entre eles, Miguel Lago, humorista vigués afincado en Madrid co que puidemos falar catro cousas.

Publicado o

- Advertisement -

A coñecida terraza O’ Meigallo, no parque do Chanto en Sarria, acollerá estes meses interesantes monólogos. Este venres actuará Miguel Lago, o 27 deste mesmo mes Fernando Moraño, cómico da factoría Comedy Central, e o 10 de agosto Carlos Blanco, un dos referentes do humor galego na actualidade.

Aproveitamos a ocasión para coller por banda a Miguel Lago, un “enfant terrible” vigués que traspasa os inexistentes (para el) límites do humor e que cada vez se prodiga máis pola nosa terra. Estes días está de xira por Galicia, o venres 13 ás 22.30 h. actúa en Sarria e o sábado 14 ás 23.00 h. na sala Playa Club da Coruña.

Cantos anos levas dedicándote a isto de facer rir?

Dende o meu debut no Club de la Comedia no 2000, aínda que cando empezo realmente a moverme é a partires do 2003.

Cónstanos que es moi ‘currante’ e moi esixente. Traballo e esixencia son algunhas das claves do éxito? Dinos outras que consideres tamén.

A honestidade, a honestidade contigo mesmo serve para medrar e a cos demais ábreche portas.

Do humor galego con que te quedas? Que aproveitas consciente e/ou inconscientemente?

Quédome co uso da retranca e coa mestría da tradición oral.

Na vida real podes chegar a ser tan directo, cínico e miserable como enriba do escenario?

Cínico e miserable xamais, pero directo sempre.

Por que custa tanto dicir as verdades e botar á cara os “crus pensamentos” que temos cada día?

Porque somos uns covardes.

Levas uns anos actuando moito por Galicia, a gusto? Non che pasa pola cabeza facer algún show en galego?

En Galicia sempre estou feliz e si, é posible que faga algo en galego no futuro próximo.

Que traes a Sarria este venres, algún dos teus espectáculos ou un “mix” para a ocasión?

Traio “un pouco de todo” como sempre que fago salas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...