HomesociedadeO IES Daviña Rey prepárase para o novo curso

O IES Daviña Rey prepárase para o novo curso

É tempo de reserva de prazas no centro para os ciclos formativos, ESO e BACH pero tamén para acometer obras de cara á ‘nova normalidade’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Falamos con Isaac González, o Director do IES Daviña Rey na cidade de Monforte de Lemos. Cóntanos que o pillamos bastante ocupado por ser os últimos días de reserva de prazas de cara ao vindeiro curso 2020/2021 e tamén porque están axeitando o centro para adaptalo ás necesidades sanitarias que se impoñen neste momento.

No que respecta á matriculación, o mércores 8 remata o prazo para anotarse nos Ciclos Formativos da FP. O de ‘coidados auxiliares de enfermería’ é o de ‘educación infantil’ teñen bastante demanda, estando o primeiro case completo.

No de ‘sistemas de telecomunicación e informáticos’ -grao superior-, outro que atrae moito á mocidade, quedan algunhas prazas mentres que no de ‘instalacións de telecomunicacións’ -grao medio- quedan algunhas máis, a demanda por agora non é importante. Aínda así, Isaac coméntanos que para setembro é posible que se cubran con alumn@s que rematan a ESO en setembro.

Outro dos clásicos, con dez anos de moita demanda, é o de ‘atención a persoas en situación de dependencia’. Neste caso as facilidades para poder realizalo son moitas sendo posible a matriculación en réxime diurno ou nocturno.

Para rematar a conversación co director comentamos que os ciclos relacionados coa mecánica do automóbil teñen saída profesional, con demanda de empresas da zona para facer prácticas e para contratación pois nestes momentos teñen certas dificultades para atopar xente. Baixou a demanda de alumnado pero hai demanda do mercado co cal é unha opción de futuro, anima a anotarse.

Para ESO e BACH o prazo para matriculación remata o vindeiro 10 de xullo.

ÚLTIMAS

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta...