HomeEconomíaPréstamo vendima, apoio da Xunta ás D.O. vitivinícolas

Préstamo vendima, apoio da Xunta ás D.O. vitivinícolas

Os conselleiros de Economía e Medio Rural reuníronse cos consellos reguladores vitivinícolas de Galicia para explicarlles o funcionamento do préstamo vendima; co que o Goberno galego mobilizará 60 millóns de euros para que as adegas poidan mercar toda a uva desta vendima en condicións normais de mercado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes empréstitos perseguen que todas as adegas galegas poidan mercar a totalidade da uva da colleita deste ano en condicións normais de mercado. A iniciativa busca garantir o futuro do sector do viño nesta comunidade, unha vez que apenas recibiu fondos das medidas extraordinarias habilitadas polo Goberno central. 

O instrumento financieiro deséñase de xeito coordinado entre as consellerías de Economía e do Medio Rural e terá unhas condicións moi vantaxosas no que se refire ao custo financeiro e ao prazo de devolución coa posibilidade de ter un período de carencia de 1 ano e unha amortización de ata 4 anos. 

O Conselleiro de Medio Rural aproveitou para lembrar aos consellos reguladores que el mesmo solicitou hai case un mes ao Goberno central que habilitase unha liña específica de préstamos avalados polo Estado a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO) para o sector do viño de cara a asegurar a vendima e garantir a compra de uvas aos viticultores en condicións normais de mercado. Así mesmo, recordou que tamén lle plantexou ao Ministro Luis Planas a posibilidade de poñer en marcha unha campaña de promoción específica para o viño que poidan lanzar directamente os propios consellos reguladores.

Das achegas anunciadas polo Goberno do Estado por importe de 90 millóns de euros, Galicia recibe arredor de 236.000 euros por 17 solicitudes de axudas.

Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria explicou que Galicia contará con tres novas liñas que veñen completar as medidas que xa están en marcha e que mobilizarán 120 M€ entre autónomos, micropemes e pemes. Ademais do préstamo vendima, tamén se activan microcréditos de entre 3000 e 20.000 euros para autónomos e microempresas e préstamos directos de entre 3000 e 200.000 euros ás pemes dos sectores máis afectados pola actual situación económica como o cultural e artístico -fundamentalmente orquestras- e a economía social.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...