HomesociedadeProdeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

A Asociación Prodeme compite con 9 xogadores nesta cita que se celebra en Castelló ata o 19 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na modalidade de fútbol-7, nun equipo combinado xunto coa Asociación ASPAS. 2 deportistas mulleres defenderán as cores de Galicia na disciplina de pádel.

Acompañando ao equipo están tamén a fisioterapeuta, Belén Pérez, e o adestrador, Manuel Luaces, garantindo o apoio técnico e profesional necesario para afrontar esta cita deportiva internacional.

Este encontro reune en Castelló a centos de deportistas con discapacidade intelectual de todas as comunidades autónomas e de varios países europeos, converténdose nun espazo privilexiado para promover os valores do deporte inclusivo, a igualdade de oportunidades e a superación persoal.

Dende Prodeme destacan o orgullo de representar a Galicia neste evento, “desexámoslles moita sorte ás nosas e aos nosos deportistas, convencidos de que levarán o nome de Monforte e da Ribeira Sacra ao máis alto”.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...