HomeCultura'Sarria Sorrí' trae este verán a artistas como Leo Harlem ou Álex...

‘Sarria Sorrí’ trae este verán a artistas como Leo Harlem ou Álex Clavero

Entre o 18 de xullo e o 20 de agosto pasarán por Sarria nomes como Leo Harlem, Álex Clavero, Quique Matilla e Eva Soriano. Tamén se escoitarán monólogos en galego con artistas como David Amor, Oswaldo Digón, Alberte Montes ou Pablo Meixe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria Sorrí é un evento cultural que trae a grandes estrelas do stand-up comedy para dinamizar a cultura e a economía desta comarca. A proposta nace tras o estado de alarma pola pandemia da COVID-19 coma unha aposta polo optimismo na entrada á nova normalidade, mais xa ten previsión de continuidade nos vindeiros anos.

A programación mestura grandes figuras da comedia nacional como Leo HarlemÁlex Clavero, Quique Matilla ou Eva Soriano, con recoñecidos artistas galegos que ofrecerán monólogos no noso idioma; coma David Amor, Oswaldo Digón e Alberte Montes; e o cómico emerxente Pablo Meixe.

Sarria Sorrí terá lugar do 18 de xullo ao 20 de agosto en emprazamentos clave do patrimonio cultural da vila como a Praza de Santa Mariña, o antiguo campo de rugby no Parque de O Chanto. ou O Meigallo.

O resultado é un evento cultural ao aire libre con tódalas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes e os mellores humoristas para facernos ver que, a pesares dos problemas, na nova normalidade tamén se pode sorrir. Ademais, pretende contribuir á configuración dun fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico, potenciando Sarria coma unha parada obrigada do Camiño de Santiago.

Sarria Sorrí / Etiqueta Negra Producciones

O ciclo está organizado por Etiqueta Negra Producciones e co Concello de Sarria como patrocinador institucional. Cóntase coa Xunta de Galicia, Galicia e Xacobeo 2021 coma entidades colaboradoras, así como con patrocinadores privados coma O Meigallo, A Travesía Dos Soños, O Casino, O Mar de Plata, Tucán, Parisien e Dosmar, entre outros.

Grazas a estas aportacións, case tódolos espectáculos serán de balde, sendo igualmente precisa a reserva previa da entrada para controlar aforo.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...