Homesociedade200 dos 262 casos de coronavirus en Galicia están na provincia mentres...

200 dos 262 casos de coronavirus en Galicia están na provincia mentres se dá por controlado o foco da Mariña

262 casos positivos de Covid19 en Galicia, 200 na área de Lugo, dos que 184 corresponden á Mariña. O xerente desta área sanitaria dá por controlado este foco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

262 casos positivos de coronavirus en Galicia, 9 máis ca onte; dos que 200 corresponden á área de Lugo –un máis que este domingo–; 24 á da Coruña e Cee –cinco máis–; 16 á de Santiago e Barbanza –dúas máis–; 11 á de Vigo –sen cambios–; catro á de Ourense –sen cambios–; un á de Ferrol –igual– e seis á de Pontevedra –un máis–.

Dos 200 casos da provincia, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 184 casos activos no foco da Mariña, segundo o reconto oficial ofrecido este luns. É un positivo menos ca onte, déronse un novo positivo e dúas altas. Dúas persoas permanecen ingresadas, ambas en planta, no Hospital da Mariña; na residencia de Burela detéctase un caso entre o persoal.

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, asegurou este luns que o brote da Mariña está “controlado”. En declaracións aos medios, Ares sinalou que a evolución nos últimos días foi “boa“, aínda que fixo un chamamento a non “baixar a garda” e a manter as medidas de prevención para evitar novos contaxios.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...