HomesociedadeDous hospitalizados en Monforte por Covid19

Dous hospitalizados en Monforte por Covid19

Dos 4 hospitalizados por coronavirus na provincia de Lugo, dous están no hospital monfortino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de máis de 3 meses e medio volve o coronavirus ao Hospital de Monforte. Este venres ingresaba unha muller de 60 anos, caso activo do foco do Saviñao, que non presenta síntomas graves. E a última hora de onte facíao un familiar seu, resultado do mesmo foco. As outras dúas persoas ingresadas na provincia por coronavirus atópanse no HULA e no hospital da Mariña. Como consecuencia do foco do Saviñao tamén volveu a Covid 19 ás residencias de maiores, cun caso que afecta a un traballador da residencia de Paradela.

Suben os casos na provincia ao pasar de 72 a 79 e dispáranse en Galicia ata situarse en 533, o que supón un aumento de 89 con respecto ás cifras deste venres. O país rexistra, deste xeito, o seu décimo sexto día consecutivo de aumentos. Un incremento que tamén se rexistra en Lugo, a pesar de varios días de descensos.

Ademais Galicia rexistrou este venres o primeiro falecemento dunha paciente con COVID-19 en case dous meses –o anterior produciuse o 10 de xuño–, o dunha muller de 91 anos que estaba ingresada en Ourense, o que eleva o total de mortos a 620.

As cifras soben en todas as áreas sanitarias e, do total de casos activos, 81 corresponden á de Vigo –tres máis que o venres–; 79, á de Lugo –sete máis–; 44, á de Pontevedra –un máis–; 40, á de Santiago –cinco máis–; 37, á de Ourense –tres máis–; e seis, á de Ferrol –uno máis–.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...