HomeMedio ambiente e PatrimonioSober recupera pinturas murais do século XVI

Sober recupera pinturas murais do século XVI

A Xunta de Galicia investe 109.000 euros na restauración e posta en valor das pinturas murais da igrexa de San Vicente de Pinol, no concello de Sober, un conxunto pictórico que data de principios do século XVI.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante este martes, 18 de agosto, o Concello de Sober organizou unha xornada de portas abertas para coñecer os traballos efectuados, cumprindo con todas as medidas sanitarias pola incidencia do virus covid-19, á que asistiu a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, acompañada polo alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián.

A actuación, que foi financiada pola Consellería de Cultura e Turismo e cofinanciada pola Unión Europea a través de fondos FEDER, foi levada a cabo pola empresa Babelia, especializada na conservación e restauración de bens culturais. O equipo técnico estivo conformado por cinco restauradores e outras persoas especializadas en fotografía, análise histórica-artística ou mesmo bioloxía.

Segundo indicou a responsable do proxecto, Montserrat Jiménez, os traballos “empezaron en novembro do ano 2019 e foron finalizados hai uns días”. Jiménez destacou así mesmo que se conservou “unha porcentaxe bastante grande do conxunto orixinal”, en total “uns 100 metros cadrados de policromía” que se atopan “na nave principal do templo”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...