HomeMedio ambiente e PatrimonioPatrimonio dos Ancares documenta dúas novas mámoas no concello de Monforte

Patrimonio dos Ancares documenta dúas novas mámoas no concello de Monforte

Os achados que xa foron comunicados a Patrimonio da Xunta de Galicia para que procedan á súa catalogación, atópanse nas parroquias de Caneda e A Penela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira mámoa, inédita, foi na parroquia de Caneda, no monte Campelo, a 475 metros de altitude, a poucos metros do límite coa parroquia de Santa Mariña do Monte. Ten uns 14 metros de diámetro e unha altura duns 60 centímetros. Posúe un cráter de violación duns 2,5 metros de diámetro. Segundo sinala Patrimonio dos Ancares, “A simple vista non conserva restos de cámara pero sobre o túmulo si se ven pedras de pequeno tamaño que puideron formar parte da coiraza pétrea que o recubría. No lugar medran carballos e piñeiros. Non figura nin no PXOM do Concello de Monforte nin nos visores da Xunta de Galicia (Plan Básico Autonómico e Aproveitamentos Forestais).” 

A segunda atópase na parroquia da Penela, a 520 metros de altitude. Ten uns 20 metros de diámetro e unha altura aproximada de un metro. No PXOM do Concello e en Patrimonio só figura como topónimo, A Medorra, pero como apuntan desde Patrimonio dos Ancares, “non se describe debido a que non a localizaron, de feito non aparece recollida nin nos visores do Plan Básico Autonómico nin no de Aproveitamentos Forestais, o que resulta chamativo xa que, sen dúbida, é a mellor conservada do municipio.” 

Mámoa Penela / Patrimonio dos Ancares

Sinalan, ademáis que o PXOM do Concello de Monforte de Lemos contén numerosos erros sobre as mámoas, “O túmulo do Escouredo, que sitúa na parroquia de Valverde, atópase en realidade na do Chao do Fabeiro, se ben a poucos metros da primeira (a Xunta de Galicia ubícaa correctamente). Non moi lonxe do anterior está o túmulo da Agüela, que omite (o Plan Básico Autonómico si a recolle). A medorra de Tralacota, que sitúa na parroquia de Tor, atópase na parroquia limítrofe de Toiriz, no concello de Pantón (o Plan Básico Autonómico si a sitúa correctamente).”

As medorras do concello de Monforte atópanse en moi mal estado, a maioría apenas se adiviñan debido a que polos traballos agrícolas perderon case toda a súa masa tumular. As mellor conservadas son as que ven de documentar o colectivo Patrimonio dos Ancares. Os achados xa foron comunicados a Patrimonio da Xunta de Galicia para que procedan á súa catalogación.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...